A AECC recibe unha subvención de 211.925,56 euros da Xunta de Galicia

Pontevedra - 28/07/2021

A Asociación Española Contra o Cancro recibiu unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 211.925,56 euros, a través da convocatoria do IRPF 2021, co obxectivo de consolidar os programas que desenrola a asociación nas catro provincias galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra).

Grazas a esta dotación económica, a entidade incidirá na mellora das coberturas das necesidades das familias con cancro que viven unha situación de vulnerabilidade no eido psicolóxico e social provocada pola aparición da enfermidade. Os profesionais da AECC xunto aos equipos de voluntariado axudarán e vertebrarán a nova realidade dos pacientes e os seus familiares a través dos programas que son financiados:

- Atención integral á muller con cancro

- Atención integral a familias con persoas maiores ao seu cargo en fase paliativa

- Apoio e acompañamento ao paciente con cancro e a súa familia a través do voluntariado

- Selección, formación e mantemento do voluntariado

- Apoio social de emerxencia para familias en risco de exclusión social por enfermidade oncolóxica

- Atención especializada a familias de nenas/os con cancro

- Atención ao coidador e coidadora

Infocancer 24 horas telefono 900100036
Atención gratuita 24h - 7 días