Novo número da revista Contra o Cancro na provincia de A Coruña

A Coruña - 17/12/2021

Publícase o número 28 da revista Contra o Cancro na provincia de A Coruña.

Neste novo número, pódese coñecer toda a actividade de interese no último semestre do 2021 realizada pola Asociación Española Contra o Cancro na provincia da Coruña. Algúns dos contidos son o impulso da investigación contra o cancro coa entrega de 13 axudas de case un millón de euros na provincia, a exposición Resilientes e a mobilización dos nosos voluntarios e das nosas xuntas locais contra o cancro de mama con motivo do día mundial contra esta enfermidade, e tódalas nosas actividades en prevención e acompañamento a pacientes e familiares.

Descubre e comparte a nosa revista gratuíta!

Dispoñible neste enlace: Revista Contra o Cancro  

Infocancer 24 horas telefono 900100036
Infocancer 24h - 7 días