O 29 de maio celébrase a Carreira e Andaina Solidaria A Coruña En Marcha Contra o Cancro

A Coruña - 27/04/2022

 Asociación Española Contra o Cancro na Coruña e o Concello da Coruña presentaron hoxe no Obelisco a IX Edición da carreira e andaina solidarias contra o cancro, que terán lugar o 29 de maio.

Á presentación acudiron a Concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o presidente da Asociación española Contra o Cancro, Manuel Aguilar. Contouse ademais coa presenza de personalidades do deporte na cidade, como Carlos Cortés, árbitro internacional de baloncesto, e Alejandra Fernández, xogadora do CRAT.

“A Coruña en Marcha Contra o Cancro” contou na súa derradeira edición en 2019, con case 4.000 participantes e este ano pretende chegar a ese mesmo número de corredores solidarios. “Este año celebramos la novena edición de nuestra carrera y andaina solidarias contra el cáncer. Una edición especialmente emocionante en la que volvemos a las calles, a pisar el asfalto para correr contra la enfermedad, y estamos seguros de que contaremos, un año más, con el apoyo de todas las coruñesas y coruñeses” afirma Manuel Aguilar, presidente de la Asociación Española Contra o Cancro na Coruña.

 

Carreira e Andaina solidarias para todos

“A Coruña en Marcha Contra o Cancro” é un evento solidario de carácter non competitivo, no que tódalas persoas que queiran participar teñen cabida.  

As probas nas que apuntarse son:

  • Carreira Absoluta: para maiores de 18 anos, prezo de inscrición 10 €
  • Andaina Popular: para todas as idades, prezo de inscrición 10 €
  • Carreiras para menores de idade, cun prezo de 5 euros

A saída de proba está prevista o 29 de maio a partir das 10:30 h na zona do Obelisco.

As inscricións están xa abertas e poderanse realizar a través da web www.corunaenmarchacontraocancro.com, así como la Sede da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña (Real 1,1º) de luns a xoves de 9:00h a 17:30 h e venres de 9:00 a 15:00h. A partir do día 29 de abril ademais poderán realizarse inscricións en El Corte Inglés (Ramón y Cajal, 57)

 

Novo circuíto na cidade herculina.

Esta IX Edición da “Coruña En Marcha Contra ou  Cancro”  estrea un  novo  percorrido, no que os participantes da Carreira sairán da zona do Obelisco, por circuíto urbano en dirección á Praza de Mina, Juana de Vega utilizando os carrís de entrada no túnel para incorporarse á rúa San Andrés, Marqués de  Pontejos,  Pio  XII, San Agustín, Praza María Pita, virando na estatua de María Pita para entrar en Riego de Agua, rúa Real, xiro á esquerda para ir pola avenida da Mariña, dirección Porta Real, avenida do Porto da Coruña, Ánimas, Castelo de San Antón.  Alí  xírase 360º para volver por Ánimas, avenida Porto Coruña, avenida da Mariña e chegada á meta na zona Obelisco.

Paralelamente, e desde a mesma localización, darase saída á Andaina Popular: un paseo aberto a todos aqueles que queiran participar, de calquera idade, cunha distancia máxima de 4.500 metros, coa posibilidade engadida de reducila durante o seu propio transcurso ata un mínimo de 3750 metros

As Carreiras de menores terán saída e meta no Obelisco e percorridos adaptados a cada unha das distancias. Durante a xornada haberá actividades deportivas complementarias, como zumba, para desfrutar dun día lúdico en familia.

 

Apoiamos a investigación, por un futuro sen cancro.

Os beneficios desta iniciativa destinaranse á continuar apoiando a investigación en cancro a través da Fundación Científica da Asociación española Contra o Cancro.

En 2021 a Asociación Española Contra o Cancro destinou cerca dun millón de euros para apoiar 13 proxectos de investigación en cancro na provincia da Coruña

 

Esta Carreira gañámola todos xuntos

Esta iniciativa é posible grazas ao apoio do Concello da Coruña, da Federación Galega de Atletismo,  e das empresas patrocinadoras, como son Abanca,  Coruña Sport Center, El Corte Inglés, Grupo Arc Eurobanan, Palexco, Pixeling, Puerto de A Coruña e Solan de Cabras.

Infocancer 24 horas telefono 900100036
Atención gratuita 24h - 7 días